Estado crítico 2 : 10 comisarios 10 artistas : [exposición]/
curadoría, Mar Caldas ... [et al.] ; artistas, Rosalía Pazo Maside ... [et al.] ; coordinación, Xosé M. Buxán Bran
- Ourense : Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2016
- 203 p. : il., fot. ; 17 x 24 cm
Sólido, Líquido, Gasoso / Idea e proxecto de "Estado Crítico" / Sustentando a tremola / Co vento de cara / Alto! Reivindicamos a forma / Contorna / Ceci n'est pas un mur / Mozas, amigos e cans / Anónimo e outras falcatruadas: sobre a autoría na creación contemporánea / Silencio, case branco / Dana Díaz; transtranstranscendendo / Crepúsculos; esperas e abandonos / Antropoloxía dos praceres virtuais / Virxilio Rodríguez Vázquez. Xosé M. Buxán Bran. Mar Caldas, Rosalía Pazo Maside. -- Carlos Tejo, David Crespo. Mª Victoria Carballo-Calero, Buciños. Manuel Sendón, Lidia Alonso, Olaia Fernández e Julia Ferradás. -- Nono Bandera, Marcos Covelo. Ignacio Pérez-Jofre, José Luis Torrico. Javier Tudela, anónimos e outros. Silvia García, Marta Cerviño e Maya Kapouski. Susana Cendán, Dana Díaz. Yolanda Herranz Pascual, Mª Covadonga Barreiro. Xosé M. Buxán Bran, Javi Moreno.
Segunda edición de "Estado crítico", que tivo lugar entre 2013 e 2015, na Sala Alterarte (Ourense). Ao seu abeiro, foi acollendo once mostras doutros tantos creadores curadas por profesores da Universidade de Vigo. Nesta edición entraron, outra vez máis, un grupo de artistas que nunca expuxeran na sala e ademais promoveuse, como vén sendo habitual, a presenza igualitaria de artistas mulleres e homes, e tamén se foi reivindicando a presenza interxeneracional, polo que se promoveu unha frutífera mestura de escolas, correntes e tendencias. Ao londo deste tempo e como xa vén sendo tradición neste espazo, cada un dos artistas participantes doou unha obra súa á colección da sala universitaria. Co obxectivo de valorizar e compartir estes fondos coa cidadanía e continuar promovendo a creación artística e os seus protagonistas, celebrouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense a mostra Estado Crítico 2 na Colección Alterarte . A exposición recolle obra dos artistas Lidia Alonso, Mª Covadonga Barreiro, Buciños, Marta Cerviño, Marcos Covelo, David Crespo, Dana Díaz, Olaia Fernández, Julia Ferradás, Maya Kapouski, Rosalía Pazo Maside, Javi Moreno e José Luis Torrico, ademais dunha peza de creación anónima incluída nunha mostra curada polo docente Javier Tudela.