A Rede Museística Provincial de Lugo, creada en 2006, está formada por catro museos, O Museo Provincial de Lugo, O Museo Provincial do Mar, A Fortaleza de San Paio de Narla e o Pazo de Tor. Dentro desta rede existen duas bibliotecas abertas ao público e que teñen diferentes orixes e coleccións.

A Biblioteca do Museo Provincial de Lugo forma parte do mesmo desde a súa inauguración en xaneiro de 1934, e o que empezou sendo unha pequena colección de libros foi aumentando, sobre todo, grazas ás doazóns ou adquisicións de bibliotecas privadas así como á política de intercambio que establece con outros museos, centros culturais e de investigación, españois e estranxeiros, que constitúen a base da Sección de Publicacións Periódicas tanto do Fondo Galego como do Xeral.

A Biblioteca do Pazo de Tor ten o seu nucleo principal na doazón dos fondos bibliográficos da propia dona do Pazo, Dª. María Paz Taboada de Zuñiga. Un fondo que que comprende preto de 3.000 volumes de entre os seculos XVI e XX en diferentes idiomas e máis de 100 títulos de publicacións periódicas dende o século XVIII. A maiores de ese nucleo principal contén publicacións da propia Deputación Provincial e doutros museos galegos e estatais, depósitos da Biblioteca do Museo Provincial e custodia o Fondo Documental do MINOM.

 

 

 

Log in to your account:

Powered by Koha

//]]>